Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro faise co base Pol Figueras e co escolta Rigoberto Mendoza

O Obradoiro faise co base Pol Figueras e co escolta Rigoberto Mendoza

Figueras mediou 2,8 puntos en case 14 minutos esta tempada no Girona Basket

Mendoza é dominicano e xogou case toda a súa carreira en México

G24.gal 12/07/2023 14:01

Chega unha nova fichaxe para o conxunto dirixido por Moncho Fernández. Pol Figueras, da canteira do Barça, estivo esta última tempada no Girona Basket, onde mediou 2,8 puntos e 1,6 asistencias en case 14 minutos de media por encontro. 

O xogador xa coñece Galicia, pois estivo a súa primeira experiencia fóra do equipo culé no Club Ourense Baloncesto na tempada 2019-2020. Despois xogou no Fibwi Palma durante dúas tempadas, antes de volver á Liga Endesa da man do Girona Basket.

O director deportivo Eduardo Pascual declarou: "É un xogador cun gran potencial e xa demostrou que ten un oco nesta liga, é un xogador de equipo".

Rigoberto Mendoza (31) é un xogador dominicano que fixo a maior parte da súa carreira en México, cos Capitanes, cos que xogou a NBA G League, e nos Astros e nos Dorados. Pasou pola Arxentina, por Nicaragua, xogou no Maccabi Haifa de Israel hai dous anos. En España xogou en LEB Prata no Iraurgi de Navarra hai oito temporadas.

Con esta fichaxe, o Obradoiro xa conta con sete xogadores confirmados para a vindeira tempada:  Álvaro Muñoz, Rubén Guerrero, Álex Suárez, Fernando Zurbriggen, Marek Blazevic, Mendoza e Pol Figueras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar