Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro comeza entoando un Miudiño vitorioso

O Obradoiro comeza entoando un Miudiño vitorioso

Gañou ao Zaragoza nun partido moi traballado por un axustado 76-73

G24.gal 29/09/2022 21:32

O Obradoiro sumou o primeiro triunfo na temporada ante o Zaragoza nun partido en que sempre foi por diante pero que acabou cun axustado 76-73. 

Era o momento de ver as novas fichaxes, e algunha delas tivo un papel destacado. O primeiro en intervir de xeito decisivo foi o croata Bender. Dez puntos seus no primeiro cuarto permitiulle ao Obra colleitar un +10 (21-11). 

A diferenza foise ata os trece tantos logo dunha tripla de Vicedo (30-17), pero aí comezou a reacción do Zaragoza. Entráronlle os tiros e conseguiu poñerse a un punto a medio minuto do descanso (38-37).

No segundo tempo volveu o mellor Obradoiro con Blazevic e Bender coincidindo na pista. Os santiagueses conseguiron unha máxima vantaxe de quince puntos (54-39) pero o terceiro cuarto rematou con moito que pelexar (60-53). 

A emoción do último período foi máxima. Ningún dos dous equipos estivo demasiado atinado. Walker e Paige acertaron con cadansúa tripla en momentos decisivos para manter o Obradoiro cun colchón de 5-6 puntos e poder levar a vitoria. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos