Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Obradoiro afronta a súa primeira final con todos os xogadores en condicións

O Obradoiro afronta a súa primeira final con todos os xogadores en condicións

Xoga ante o Andorra, un rival directo pola permanecia

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 11/02/2022 12:54

Moncho Fernández dispón de todos os seus xogadores para o duelo deste sábado contra o Andorra. Para medirse ao conxunto do Principado, o adestrador do Obradoiro terá aos seus doce xogadores en plenas condicións. Agora, só falta maior acerto para poder cambiar a dinámica dos últimos resultados.

O técnico obradoirista repíteo unha e outra vez. Case cada semana:

"Hai que insistir no que facemos ben. Debemos ser coherentes co discurso. Sobre o esforzo e o traballo non se pode reprochar nada, pero estou convencido de que acabaremos anotando. Hai que seguir traballando para mellorar, pero está claro que defendendo así, e con só nove balóns perdidos, acabaremos gañando"

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade