O Obradoiro afúndese en Xirona antes do descanso (93-76)
Os santiagueses gañaron o primeiro parcial (18-21) pero perderon os outros tres
Un parcial de 15-2 antes do descanso deixounos sen opcións na continuación
O Obradoiro non puido seguir coa súa boa dinámica en Xirona, onde caeu por dezasete puntos nun partido que comezou dun xeito ben diferente. Os santiagueses fixeron un bo primeiro cuarto, e acabaron por diante no marcador (18-21). No segundo mantivéronse as boas sensacións ata os cinco minutos finais. Foi daquela cando chegou a reacción do Xirona. O equipo catalán pechou a metade cun 15-2 de parcial que lle deu unha vantaxe de 5 puntos (44-39).
Na segunda metade o Obradoiro mantívose no encontro ata os minutos finais do terceiro cuarto. Foi entón cando o Xirona comezou a abrir unha fenda que os de Moncho Fernández non puideron pechar. O 93 a 76 final deixa o Obradoiro cun balance de dez triunfos e dez derrotas.
Robertson foi o máximo anotador santiagués con 19 puntos, pero o máis destacado foi T. Scrubb, que achegou 15 e 16 de valoración.