Publicador de contidos

Publicador de contidos

O nivel de confianza na vacina en España é dos máis altos do continente

O nivel de confianza na vacina en España é dos máis altos do continente

A vacinación en Alemaña e Austria non chega ao 70 % da poboación

G24.gal 21/11/2021 12:47

A campaña de vacinación en España fixa como obxectivo o limiar do 90 % da poboación diana (maiores de 12 anos), pero hai moitos países da nosa contorna que están lonxe destas cifras.

O nivel de confianza na vacina no noso país é dos máis altos do continente, e iso tradúcese nun maior índice de inmunización. Só Portugal e Malta están por riba de España que supera, por exemplo, a Italia e Francia.

Os principais focos da pandemia nestes momentos atopámolos no centro e no leste do continente. Alemaña e Austria non chegan ao 70 %. Na parte baixa da táboa, atopamos países coma Eslovaquia, Romanía e Bulgaria. Neste último só un de cada catro persoas conta coa pauta completa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos