Publicador de contidos

O Murcia anuncia unha queixa na ACB polos supostos insultos en Lugo

O Murcia anuncia unha queixa na ACB polos supostos insultos en Lugo

A UCAM acusa á mascota do Breogán de participar na lea que houbo no partido

O adestrador do Murcia quéixase de que chamasen "asasinos" aos seus xogadores

Unha acción do Breogán - Murcia do domingo (C. Castro - ACB photo) Unha acción do Breogán - Murcia do domingo (C. Castro - ACB photo)
G24.gal 01/11/2021 16:05

O UCAM Murcia, rival do Breogán na 8ª xornada da ACB, anuncia que vai presentar unha queixa formal na liga polo acontecido no partido disputado este domingo no Pazo de Lugo. Sito Alonso, o adestrador do equipo murciano, que perdeu 94-89, asegura que recibiron insultos que rozan o “ilegal”.

Sinalan a Máximus

O club denuncia que algúns dos seus xogadores chegaron a ser golpeados por afeccionados que baixaron das bancadas e mesmo pola persoa que interpreta á mascota do Breogán, ‘Máximus’, que interviu na agarrada e, como se pode ver nas imaxes de televisión, levou un pequeno empurrón.

O Breogán quítalle ferro ao acontecido e o adestrador, Paco Olmos, cre que partidos con esa “intensidade” son bos para o nivel da ACB.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade