Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mundo musulmán repróchalle a Israel que acenda a mecha

O mundo musulmán repróchalle a Israel que acenda a mecha

A escalada da tensión en Oriente Próximo esténdese a Siria

G24.gal 09/04/2023 20:24 Última actualización 09/04/2023 20:36

Este domingo foron despedidas na Cisxordania ocupada as dúas colonas de 15 e 20 anos que morreron tiroteadas o venres. Tamén o mozo palestino que caeu por disparos do Exército israelí este sábado mentres se manifestaba. Tiña a mesma idade que unha das rapazas, 20 anos. Son tres das catro vítimas mortais da escalada de tensión entre israelís e palestinos desatada esta semana.

Unha tensión que ocasionou un intercambio de ataques entre as milicias palestinas e as forzas de Israel, que tiveron por escenarios Gaza, o sur do Líbano e o sur de Siria.

Na explanada das mesquitas, en Xerusalén, onde comezou todo cunha redada da Policía de Israel en Al Aqsa, este domingo a situación volveu ser difícil, ao coincidiren os musulmáns celebrando o Ramadán cos xudeus que ían xuntarse pola súa Pascua. Os xudeus teñen prohibido rezar alí, pero cada vez máis rabinos e a extrema dereita que apoia a Netanyahu incitan a saltar a regra.

O primeiro ministro de Israel asegura que a súa cidadanía está unida detrás do Exército para garantir a calma. A Autoridade Palestina, porén, repróchalle que son os ataques israelís aos lugares sagrados musulmáns os que acenden a mecha. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade