Publicador de contidos

Publicador de contidos

Vixésimo empate dun Lugo que resistiu na segunda parte (1-1)

Vixésimo empate dun Lugo que resistiu na segunda parte (1-1)

G24.gal 08/05/2022 18:15

Minuto a minuto

1'

Principiou o partido en Can Misses, estes son os once futbolistas elixidos por Rubén Albés:

 

 

6'

Gooooool do Lugo!

 

Xogada rara na que Manu Molina despexa mal e acaba introducindo o balón na súa propia portería. Adiántanse moi cedo no partido os de Rubén Albés

18'

Disparo de Ricard coa zurda que detivo en dous tempos o cancerbeiro do Ibiza

28'

Clarísima a prol do Lugo! 

 

Falta lateral, xogada embarullada e Carrillo remata alto coa testa. Estaba anulada a xogada por fóra de xogo

32'

E outra a prol do Lugo! Desta quenda foi Juanpe o que tivo nas súas botas o segundo.


De novo sinalou fóra de xogo o colexiado, na repetición non semella posición antiregulamentaria

Descanso

Tempo de lecer en Ibiza

 

Por diante o Lugo grazas ao gol de Manu Molina en propia porta. Os de Albés foron dominadores do partido e das ocasións máis claras, o cadro local apenas xerou perigo á portería de Óscar Whalley

46'

Comeza a segunda parte!

47'

Bo disparo de Cristian Herrera dende a frontal, parou Óscar Whalley

50'

Gol do Ibiza, marca Ekain

 

Gran centro de Cristian Herrera e meteulle a bota o dianteiro local para bater a Whalley e empatar o partido

53'

Que ocasión acaba de ter o Lugo!

 

Xogada moi embarullada á saída dende o curruncho, erro do porteiro e Chris Ramos non acerta a disparar entre os 3 paus

54'

Respostou agora Davo cunha gran ocasión que remata en córner

 

Ekaaaaaain fóra! Rematou fóra o dianteiro vasco que acaba de ter o seu segundo gol da tarde

60'

Paradón de Óscar Whalley á volea de Davo!

66'

Outraaa do Ibiza!

 

Javi Lara desaproveitou unha boa oportunidade de certificar a remontada. Moito mellor os de Paco Jémez nesta segunda parte

82'

Salvouna Óscar co pé!

 

Clarísima para o Ibiza, a piques de marcar en propia Alberto

85'

Testada de David Goldar a piques de marcar! Outro paradón de Whalley!

90'

E outra máis do Ibiza! Kevin Appin tivo unha nova ocasión para o cadro local

Finaaaal!

Unha parte para cada equipo, os de Albés dominaron os primeiros 45 minutos, pero o Ibiza empatou e tivo ocasións dabondo na segunda para levar os tres puntos

 

20º empate do Lugo que aínda terá que agardar para certificar a salvación matemática

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar