Publicador de contidos

Publicador de contidos

O ministro de Industria anima as empresas a que pidan as novas axudas para vehículos eléctricos

O ministro de Industria anima as empresas a que pidan as novas axudas para vehículos eléctricos

O Goberno destinará máis de 1.500 millóns de euros para estas subvencións

G24.gal 15/02/2024 16:12

O ministro de Industria, Jordi Hereu, destacou este xoves as axudas do Goberno central á factoría de Vigo da multinacional automobilística Stellantis nos programas PERTE para vehículos eléctricos e expresou a súa esperanza de que poida beneficiarse de máis achegas noutras dúas convocatorias previstas.

Durante unha visita a Vigo, Hereu explicou que actualmente se está "traballando nas resolucións definitivas" da liña B do PERTE do vehículo eléctrico e conectado correspondente a proxectos individuais da cadea de valor de automoción.

"A aposta pola automoción de Galicia e en Vigo é unha das estratexias fundamentais porque aquí está unha das fábricas máis modernas e competitivas dun dos grupos multinacionais máis importantes no mundo", dixo sobre Stellantis.

Precisamente, ao ser preguntado sobre as axudas a ese grupo automobilístico, o titular de Industria asegurou que xa se beneficiou dos PERTE porque "son decenas os millóns que se transferiron" a esa multinacional.

Ademais, animou ás empresas a que preparen novos proxectos para a terceira convocatoria do PERTE Vec, prevista para dentro dunhas semanas e dotada con 300 millóns de euros e, en caso de que non cheguen a tempo, o fagan na cuarta convocatoria, de 1.250 millóns de euros, prevista para o segundo semestre deste ano.

“Haberá diferentes ondas de PERTE en que as empresas poden ir acomodando as súas estratexias”, afirmou Hereu, que cifrou en 1.700 millóns de euros o investimento do Goberno central en Galicia nos últimos cinco anos en materia industrial.

En canto aos PERTE, estimou en 108 millóns de euros os que se adxudicaron a 212 empresas de Galicia.

O ministro calculou que as empresas de automoción e compoñentes galegas recibiron 53 millóns de euros en axudas para desenvolver 39 proxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade