O Ministerio de Sanidade xa ten un documento no que contempla a retirada da máscara no interior
Seguirá sendo obrigatoria no transporte público e nos ámbitos vulnerables, como hospitais, centros de saúde e residencias de maiores
O uso da máscara en interiores ten os días contados. O Ministerio de Sanidade xa ten un documento en que se propón o seu uso só en tres situacións.
Seguirá sendo obrigatoria no transporte público e nos ámbitos vulnerables, como hospitais, centros de saúde e residencias de maiores.
Durante dous anos as máscaras acompañáronnos en todo momento. Tras a súa retirada no exterior, o seguinte paso é deixar de usala dentro dos lugares públicos
Mentres algúns teñen dúbidas sobre esta cuestión outros téñeno moi claro.
No outro lado están os que consideran que aínda é cedo para entrar nos espazos públicos sen máscara.
Os datos favorables da pandemia dan pé a flexibilizar esta medida, pero hai a quen lle custará entrar sen máscara a un restaurante, a un establecemento comercial ou a unha discoteca.
Aínda non hai data para eliminar a máscara no interior, esta cuestión vai ser analizada pola ministra de Sanidade e os conselleiros autonómicos no próximo Consello Inteterritorial.