Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Mérida acaba coa serie do Ourense CF cun penalti no engadido (3-2)

O Mérida acaba coa serie do Ourense CF cun penalti no engadido (3-2)

Os de Llácer, que sumaban 3 vitorias consecutivas e 6 xornadas sen perder, igualaron por dúas veces

Unha pena máxima déixaos a tiro do descenso

Foto: @Ourense_CF
G24.gal 07/12/2025 14:16

O Ourense CF viu freada a súa gran traxectoria dos últimos partidos, nos que acumulaba tres vitorias e seis xornadas sen perder. Volveu coñecer a derrota, desta volta a mans do Mérida. 

O equipo estremeño comezou dominante e tirou proveito do seu bo xogo ofensivo aos 20 minutos, nunha acción na que Luis Pareja se anticipa Álvaro Ratón para marcar. O actual estado anímico do Ourense permítelle refacerse dos contratempos sen agobios. E asi, catro mintos despois, trenzou unha magnífica xogada na que asiste Yuste e define con calidade Adrián Guerrero. Golazo do equipo ourenán para devolver a igualdade ao partido.

No segundo tempo, Vergés deulle de novo vantaxe ao Mérida cun centro que ninguén toca. Outra vez reaccionou o equipo de Llácer. Esta vez a balón parado, co remate de César Moreno.

Pero o encontro foise no engadido. Outre vez álvaro Ratón chegou unhas milésimas de segudo tarde. Penalti revisado e confirmado pola videoarbitraxe que converte no tanto da vitoria Álvaro García aos 96 minutos.

Así concluiu unha brillante serie de seis partidos sen perder.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade