Publicador de contidos

Publicador de contidos

O aumento de contaxios reabre o debate sobre o uso da máscara no exterior

O aumento de contaxios reabre o debate sobre o uso da máscara no exterior

O medo a non respectar a distancia favorece o uso do tapabocas

G24.gal 21/11/2021 16:18

A suba da incidencia da COVID en Galicia volve reabrir o debate sobre o uso da máscara en exteriores. A OMS recomenda non quitala a menos que poidamos garantir unha separación dun metro; algo que en ocasións é difícil controlar.

Pulsamos en Vigo a opinión sobre esta medida de protección. En exteriores e con achegados, o uso vaise relaxando, pero moi amodo. Para algunhas persoas, a máscara na rúa é máis contraproducente que beneficiosa.

A gran maioría ten a lección ben aprendida e coñece as recomendacións da Organización Mundial da Saúde. Por iso é frecuente andar a subir e baixar a máscara segundo as circunstancias.

Tamén habería que falar moito do xeito de levala: polo queixo, no pulso ou no pescozo cunha cinta ou colar. Un complemento que leva con nós un eterno ano e medio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade