Publicador de contidos

Publicador de contidos

O marinense Iván García, prata no Europeo de taekwondo

O marinense Iván García, prata no Europeo de taekwondo

Perdeu na final co turco Atesli por 4–12

G24.gal 22/05/2022 22:19

Iván García pendurou a prata na categoría de +87 kg no Europeo de taekwondo que rematou este domingo na localidade de Manchester. 

O marinense chegou de xeito brillante á final, na que perdeu ante o turco Atesli por 4–12 nun combate en que só gozou da vantaxe no 2–0 inicial. Logo recibiu sete puntos consecutivos no segundo asalto, unha diferenza que xa non conseguiu recortar. 

García, bronce en Sofía 2021, pecha a colleita para a delegación española. Foron nove medallas (dúas de ouro, catro de prata e tres de bronce) das cales dúas as achegaron os deportistas galegos. Á de Iván García houbo que engadir a da boirense Alma Pérez o pasado xoves. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade