O Manresa gaña en Lugo cunha canastra no último segundo (81-82)
O Manresa gaña en Lugo cunha canastra no último segundo (81-82)
Partido moi igualado que gañou o equipo que máis poñía en xogo
Sétima derrota consecutiva do equipo de Mrsic
O Breogán non puido despedirse de bo xeito da súa afección. Perdeu diante do Manresa cunha canastra a dous segundos do remate (81-82) e cae por sétima xornada consecutiva.
O seu rival poñía moito máis en xogo, nin máis nin menos que a permanencia. O primeiro cuarto resultou moi igualado con constantes alternativas á fronte do marcador (19-22) e con Sergi Quintela achegando 6 puntos.
No segundo cuarto mantívose a igualdade (31-31) ata que o Breogán encadeou un parcial de 9-0 que lle permitiu irse ao descanso por diante (42-36). Hollatz dirixía con mestría con Momirov e Nenadic de executores.
O partido volveu a igualarse no terceiro cuarto con constantes empates no marcador e todo por decidir no último cuarto. Un mate de Happ a seis minutos do final (72-64) volvía a poñer a Breogán cunha boa marxe pero o Manresa nunca baixou os brazos e conseguiu empatar a 1:43 do final (76-76). Os últimos segundos foron un cara ou cruz que caeron do lado visitante cunha canastra de Robinson cando só quedaban dous segundos para o final.