O Madeira será o rival do Mecalia Guardés en Europa
O Madeira será o rival do Mecalia Guardés en Europa
O día once de febreiro será o partido de ida na illa portuguesa, e unha semana máis tarde na Sangriña
O Madeira será o próximo rival do Mecalia Guardés en Europa.
Será nos cuartos de final da Copa Europea. O día once de febreiro será o partido de ida na illa portuguesa, en Funchal. A semana seguinte chegará o Madeira ao Baixo Miño para xogar na Sangriña.
Ata o momento Mecalia Guardés superou dúas eliminatorias. Agora pelexará por entrar en semifinais.
Diante estará un equipo moi competitivo. O equipo madeirense é cuarto na súa liga, pero só porque ten tres encontros pendentes de disputar. Gañou os sete partidos que xogou e pelexará polo título contra o Benfica, que precisamente foi eliminado da Copa Europea na última rolda a mans do Antalya turco.