Publicador de contidos

Publicador de contidos

O lume avanza sen control no Ribeiro ameazando aldeas e obrigando a cortar a A-52

O lume avanza sen control no Ribeiro ameazando aldeas e obrigando a cortar a A-52

O incendio que comezou o venres en Carballeda de Avia uniuse ao de Beade e xa levan calcinadas máis de 2.500 hectáreas

As lapas afectáronlle á autovía das Rías Baixas, que tivo que cortarse totalmente ao tráfico entre Melón e Ribadavia

G24.gal 17/08/2025 21:56 Última actualización 17/08/2025 22:36

Momentos de tensión os que se viviron o domingo pola tarde na aldea de Santo Estevo, en Carballeda de Avia. A forza do vento fixo que as lapas avanzaran moi rápido a chegaran ás casas. Tamén foi complicada a situación noutras localidades como Sas ou Vilariño. Mentres rematan un foco preto do colexio, na capital do concello, membros da brigada municipal destacan o complicado que está a ser a extinción e o cansazo que levan acumulado tras días de loita contra a lapas.

O lume comezou o venres pasado na parroquia de Vilar de Condes e uniuse este domingo ao outro incendio que había no Ribeiro, o das Regadas, en Beade, que afecta ao bosque de Ridimoas. Entre os dous levan calcinadas máis de 2.500 hectáreas, segundo os últimos datos de Medio Rural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos