Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo saca un valioso punto do Alcoraz que puideron ser tres

O Lugo saca un valioso punto do Alcoraz que puideron ser tres

El Hacen mandou un remate co calcaño ao traveseiro no minuto 99

O Huesca acabou o partido con dez por expulsión de Florian Miguel

G24.gal 08/10/2022 20:54

O Lugo sacou un valioso empate do Alcoraz, nun partido en que aguantou as acometidas do Huesca ata o treito final, cando puido equilibrar o marcador cun home máis e mesmo puido levar a vitoria na última ocasión. 

O Huesca tivo algo máis de perigo na primeira hora do encontro e traduciuna no marcador. Primeiro, un córner acabou en gol impulsado por Pulido, pero o árbitro apreciou no VAR unha infracción antes do saque desde o curruncho e o gol non contou. Si que o fixo poucos minutos despois un remate dun vello coñecido, Gerard Valentín. Era o minuto 54.

Pouco despois chegaba unha xogada determinante no partido, a expulsión de Florian Miguel. O Lugo ía tirar partido oito minutos despois, nunha gran xogada de Sebas Moyano, con remate de Manu Barreiro. Jaume Cuéllar recolleu o rexeitamento e fixo o empate. E no noveno minuto de engadido, o Lugo puido gañar. El Hacen rematou co calcaño ao traveseiro. Puido impedir a quinta xornada consecutiva sen gañar, pero o certo é que o Lugo trouxo un punto valioso de Huesca.

Hernán Pérez estaba satisfeito cos seus despois do partido. O técnico cre que só no treito inicial da segunda metade, cando o Huesca se adiantou, este foi superior ao seu equipo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar