Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo quéixase por dúas arbitraxes que considera inxustas

O Lugo quéixase por dúas arbitraxes que considera inxustas

O VAR interviu en catro ocasións nos últimos dous partidos con decisións desfavorables para o cadro lucense

O club sacou un comunicado no que expresa a súa indignación

G24.gal 03/11/2022 15:38

Segunda xornada consecutiva na que o Lugo se sente prexudicado polos árbitros. Un penalti moi discutido no minuto 91 custoulle a derrota. E non foi a única acción polémica. O colexiado sinalou primeiro un penalti por unhas mans na área de Xavi Torres pero ese lanzamento foi detido por Whalley.

No tempo engadido, o árbitro volvía sinalar penalti en contra do Lugo por unhas supostas mans de Zé Ricardo. Desta volta, Quique González si transformou a pena máxima en gol. Un gol que decantou o resultado a favor do Eibar deixando no Lugo a sensación de que lle quitaron cando menos un empate máis que merecido. 

Esta situación engádese á do pasado domingo no que o VAR tamén interviu en dúas ocasións diante do Mirandés para anular a sinalización dun penalti e un gol marcado por Chris Ramos a cinco minutos do final do partido. 

A entidade sacou un comunicado no que recoñece a dificultade do traballo dos árbitros pero reclama respecto para "o decano da categoría".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade