Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo perde do xeito máis cruel en Éibar (1-0)

O Lugo perde do xeito máis cruel en Éibar (1-0)

Xogou unha gran primeira metade na que mereceu marchar en vantaxe

Na segunda, Whalley paroulle un penalti a Stoichkov, pero no engadido nada puido facer diante doutra pena máxima

G24.gal 02/11/2022 20:41 Última actualización 02/11/2022 20:54

O Lugo perdeu do xeito máis cruel en Éibar (1-0). De penalti e no minuto 93 nun dos campos máis difíciles da categoría e despois de facer un gran partido. 

Antes do minuto cinco, o Lugo xa xerara dúas situacións de gol. A de Jaume Cuéllar, moi clara, non atopou a portería local. O equipo galego, que vestiu de amarelo, dominou o xogo, dispuxo das mellores ocasións e mereceu marchar en vantaxe ao descanso. Sebas Moyano no 43 tivo outra oportunidade de ouro. Do Éibar houbo poucas novas en ataque, só un gol anulado por claro fóra de xogo a Blanco Leschuk. 

Na segunda metade tocou sufrir. O Lugo xa non chegou con tanta claridade á portería de Luca Zidane e tivo que multiplicarse no esforzo defensivo. Foi aguantando, ata que no minuto 66 o colexiado asubiou un penalti por mans de Xavi Torres. Apareceu o salvador Óscar Whalley para deter o lanzamento de Stoichkov e impedir que os eibarreses se adiantasen no marcador. 

Tocou apertar os dentes, traballar moito e neutralizar os ataques do Éibar, un candidato ao ascenso que comezou a desesperar. Ata que no minuto 90 o colexiado volveu asubiar outro penalti por mans de Zé Ricardo. Desta volta Quique González non perdoou a ocasión para marcar o gol que decidiu o partido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos