Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo comprobará en Xixón se o gromo de covid deixou consecuencias

O Lugo comprobará en Xixón se o gromo de covid deixou consecuencias

O club comunicou un caso de coronavirus dentro do equipo

Rubén Albés completa unha lista de 22 xogadores para enfrontarse ao Spórting

G24.gal 01/01/2022 12:41

O Lugo non puido xogar o último partido de 2021 por mor da Covid. Tiña que pechar a primeira volta diante do Almería pero a explosión de casos no seu cadro de xogadores imposibilitou a disputa dese partido. 

Unha vez rematadas as corentenas e retomados os adestramentos, o seguinte paso será comprobar as consecuencias do gromo para a práctica deportiva. Rubén Albés contará cun grupo moi recoñecible para viaxar a Xixón, onde comeza a segunda volta e un 2022 coas ilusións renovadas para acadar outra permanencia. 

De momento os números son os axeitados con tres puntos e un partido menos sobre o descenso pero a cousa non está nada desafogada. O Lugo empatou 11 partidos dos 20 que xogou e pulir os detalles que están impedindo colleitar máis vitorias será fundamental nesta segunda volta. 

No equipo lucense houbo un contratempo de última hora. Comunicou un positivo nas últimas análises antes de marchar cara terras asturianas. O adestrador Rubén Albés fixo unha lista de 22 xogadores na que non están nin Alende nin Mayoral. 

No Spórting tamén houbo problemas de covid aínda que o seu adestrador está a recuperar efectivos. Catro dos infectados, Pedro Díaz, Babin, Kravets e Aitor García, traballan co grupo pero serán dúbida ata última hora.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade