O Lugo busca o pase na Copa fronte ao histórico Arenas de Getxo
O Lugo busca o pase na Copa fronte ao histórico Arenas de Getxo
O Lugo viaxou de Copas a Guecho, onde se vai enfrontar o Arenas, campión do torneo en 1919 e que actualmente ocupa a segunda posición no grupo segundo da Segunda Federación.
Hernán Pérez, adestrador do C. D. Lugo: "E un equipo que ten moi claro o que xoga, esta a facer moi boa temporada, o ano pasado quedou ás portas do ascenso a Primeira Federación, xogo directo, moita segunda xogada, moito duelo aéreo...".
O encontro, como recoñecen os dous técnicos, vai estar condicionado polas dimensións do terreo de xogo sintético da Gobela, coñecido como a gaiola, de cen metros de longo por sesenta de ancho.
Javier Olaizola, adestrador do Arenas Club: "Van xogar nun campo de herba artificial, de dimensións máis reducidas do que están acostumados, xogamos ante a nosa afección, vai haber un gran ambiente".
Hernán Pérez, adestrador do C. D. Lugo: "Vai ser un partido moi difícil, onde imos ter que estar concentrados o douscentos por cento porque a pelota pasa rápida dunha área a outra".
Neste partido, o Lugo non vai poder contar co seu equipo de gala por problemas físicos.
Hernán Pérez, adestrador do C. D. Lugo: "Nós, case obrigados pola situación que temos, imos ter que rotar moito, non só por dar descanso á xente que ven máis fatigada, senón porque se cargou un pequeno virus catarral no vestiario".
De feito, a ausencia de Whalley por enfermidade e de Sequeira convocado por Costa Rica, vai permitir a estrea do canteirán Julen.