Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Lugo asina o lateral brasileiro Zé Ricardo e renova a Manu Barreiro

O Lugo asina o lateral brasileiro Zé Ricardo e renova a Manu Barreiro

Xogaba no Feirense portugués e antes estivo nas categorías inferiores do Raio Vallecano

G24.gal 07/07/2022 10:29 Última actualización 07/07/2022 21:56

O oco deixado por Roberto Canella xa está cuberto no Lugo coa chegada do lateral esquerdo brasileiro Zé Ricardo (4-9-98). 

Zé Ricardo chega procedente do Feirense, da Segunda División de Portugal. Con anterioridade, militara no Raio Vallecano, onde estivo na etapa xuvenil e chegou a debutar co filial. Desde 2017 xoga no fútbol portugués; pasou polo Desportivo Aves e o Mirandela, e desde o 2019 está no Feirense.

 

A outra nova do día é a renovación de Manu Barreiro. O dianteiro santiagués xa chegara a un acordo hai días pero oficializouse a operación nas últimas horas. Barreiro leva catro temporadas no Lugo nas que marcou 28 goles. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade