O líder da UXT apoia a reactivación das Pontes porque cre que impulsará o emprego e axudará a paliar a crise enerxética
O líder da UXT apoia a reactivación das Pontes porque cre que impulsará o emprego e axudará a paliar a crise enerxética
"Cremos que é necesario facer un proceso de transición que recupere o emprego nas zonas das centrais", di Pepe Álvarez
Para garantir o abastecemento enerxético, o Goberno e a propia ENDESA estudan a posibilidade de reactivar a térmica das Pontes durante seis anos. Red Eléctrica presentará a próxima semana o informe.
O líder da UXT amósase a favor da reactivación porque entende que así o esixe a crise enerxética actual e porque facilita unha transición máis pausada.
"Pensamos que iso tiña que facer máis pouco a pouco, porque cremos que é necesario facer un proceso de transición que recupere o emprego nas zonas das centrais, e porque o país non o pode permitir, como vemos agora", di Pepe Álvarez.