Publicador de contidos

Publicador de contidos

O líder As Palmas apaña os puntos do Anxo Carro e mete ao Lugo en descenso

O líder As Palmas apaña os puntos do Anxo Carro e mete ao Lugo en descenso

Un solitario gol de Benito Ramírez no minuto 60 deulle os puntos ao equipo canario

O Lugo só sumou dous puntos nas últimas seis xornadas

G24.gal 12/10/2022 22:30 Última actualización 13/10/2022 15:53

O líder da Segunda, a Unión Deportiva As Palmas, levou os puntos do Anxo Carro grazas a un solitario tanto de Benito Ramírez no segundo tempo. 

No aspecto defensivo foi un bo partido do equipo de Hernán Pérez. Diante dun dos equipos con maior capacidade ofensiva da categoría, apenas pasou por atrancos. Tamén houbo unha acción polémica cando no minuto 23 Josep Señé viu como lle anulaban un gol que moitos daban por seguro no Anxo Carro. A mellor opción dos canarios foi para un ex-xogador do cadro lucense. Álvaro Lemos fallou cando se esgotaba o primeiro tempo. 

A segunda metade comezou cunha ocasión moi clara de Sebas Moyano, pero errou no remate. A entrada de Jonathan Viera no partido resultou fundamental, e unha xogada súa acabou enviándoa Benito Ramírez á rede. 

De aí ao final, o Lugo tentouno pero non deu inquietado a porta das Palmas, que si tivo nas botas de Jonathan Viera e Sandro oportunidades para sentenciar. Mal momento para un Lugo que só sumou dous dos últimos dezaoito puntos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade