Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña logra en Castelló o décimo triunfo da temporada

O Leyma Coruña logra en Castelló o décimo triunfo da temporada

Gañou por 80-85

Foto @basquetcoruna
G24.gal 10/02/2022 12:54

Nova vitoria do Leyma Coruña, esta vez ante TAU Castelló (80-85), certificando o seu décimo triunfo da tempada. Comezou o encontro de forma eléctrica por parte dos dous conxuntos, e aínda que os puntos tardaron en aparecer no marcador, a enerxía tanto de locais como de visitantes era evidente.

A defensa laranxa fixo o seu labor de forma organizada e concentrada, poñendo así en dificultades aos castellonenses. A renda do equipo herculino foi aumentando paulatinamente e a bo ritmo, grazas, en parte, ao gran acerto en tiro desde o 6,75 m.

O número de triplas coruñesas sumado ao dominio do rebote e o bo facer en defensa, daban a vantaxe ao Leyma Coruña. E aínda que o conxunto local pelexou por achegarse no marcador, o equipo laranxa soubo manterse firme e loitar ata o final por levar unha vitoria importante, a décima da tempada.

O próximo rival será o CB Prat en Riazor.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar