Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Leyma Coruña gaña o derbi da LEB con autoridade (84-51)

O Leyma Coruña gaña o derbi da LEB con autoridade (84-51)

O equipo coruñés rebenta o partido cun gran segundo cuarto

G24.gal 23/10/2022 21:22

Era o agardado derbi galego da Liga LEB, pero o partido non tivo emoción. Polo menos, no seu treito decisivo. O Leyma Coruña non lle deu opción ao COB Ourense, e deixou a vitoria no Pazo de Riazor por un claro 84 a 51.

O COB só aguantou o primeiro cuarto. No segundo comezou a ceder diante dun Leyma superior que amosou todo o seu repertorio ofensivo. Nese cuarto anotou 33 puntos e converteu o resto do partido nun trámite. No último cuarto, o equipo ourensán so foi quen de anotar 9 puntos. A diferenza final a prol do Leyma foise ata os 33 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar