Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña ten tres combinacións de resultados para ascender á ACB

O Leyma Coruña ten tres combinacións de resultados para ascender á ACB

Unha vitoria na pista do Melilla sería dabondo para subir

Hai outras dúas opcións: a derrota de San Pablo Burgos ou a vitoria do Lleida permitirían o ascenso aínda que perdesen o seu partido

G24.gal 06/05/2024 21:08

Tres galegos pode ter a ACB o vindeiro ano. Peta na porta o Leyma con ata tres opcións na xornada final: gañar en Melilla, que perda San Pablo ou que Lleida venza a Menorca. Válelle calquera.

Chega pletórico, cunha indiscutible vitoria sobre o Castelló, 95-82, na que só concedeu marxe á dúbida no primeiro cuarto. No segundo rachou o partido cunha desas actuacións nas que elixir un protagonista resulta misión case imposible. No Leyma defenden todos, anotan todos e case sempre hai cinco ou máis por riba dos dez puntos. Burjanadze, Diagne, Barrueta e o domingo un inspirado Aris. Nove arriba no internmedio e ata dezaoito no terceiro cuarto. Coma un martelo pisón, malia a lesión dun dos seus baluartes, Oleg Lundqvist.  

Só cando se deixou arrolar pola onda gañadora permitíu o achegamento do Castelló a sete puntos a dous minutos. Tempo morto e sentenza final. Máis doce no remate e o pavillón a festexar. A ACB está á vista, tres letras que Epifanio non quere nin pronunciar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar