Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Leyma Coruña, incapaz de rachar a serie negativa

O Leyma Coruña, incapaz de rachar a serie negativa

Perdeu co Almansa por 79-95 e encadea tres derrotas

G24.gal 23/01/2022 19:53

O Leyma Coruña continúa coa mala serie de resultados. Sumou diante do Almansa a terceira derrota consecutiva e mantense na clasificación con sete triunfos, lonxe dos postos de honra da categoría. 

O partido comezou mal, co Almansa mandando no marcador (22-29) pero o Leyma refíxose e igualou o encontro ao descanso (43-43). O terceiro cuarto volveu amosar moi malas sensacións en defensa dos coruñeses que encaixaron un parcial de 15-25 (58-68). No derradeiro non houbo opcións para soñar coa remonta. 

Un xogador marcou a difereza. Eddy Polanco foise ata uns extraordinarios 33 puntos, 10 rebotes para un 42 de valoración. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos