Publicador de contidos

Publicador de contidos

O dispositivo de seguridade para a visita do papa mobiliza máis de 23.000 axentes

O dispositivo de seguridade para a visita do papa mobiliza máis de 23.000 axentes

En cada unha das catro cidades que visitará o Santo Padre activarase na xornada de véspera o máximo nivel de alerta

G24.gal 05/06/2026 13:25

A visita do papa León XIV a España obrigou a preparar un importante e complexo dispositivo para garantir a seguridade do pontífice. Aínda que non se detectaron ameazas inminentes, en cada unha das catro cidade que vai visitar activarase, na véspera, o máximo nivel de alerta.

Todo está listo para recibir este sábado o papa León XIV, unha visita que obrigou a poñer en marcha un enorme dispositivo de seguridade que mobilizará máis de 23.000 axentes.

A propia figura do papa, como xefe de Estado e da Igrexa católica, o carácter masivo dos actos en que participará e o ámbito xeográfico de actuación, con 4 cidades que visitar, supoñen un reto enorme.

"Sabemos que nestes dispositivos poden pasar moitas cousas, nunca se pode prever todo. Prevemos o máximo posible e sobre todo temos mecanismos de resposta para que, se xorde algo, incluso algo que non pensamos que poida xurdir, polo menos ter capacidades para responder".

O desafío loxístico da visita é aínda maior ao incluír as Canarias como parte do percorrido. Un millar de policías nacionais chegarán ao arquipélago en avión, e por mar os vehículos que utilizarán durante a visita papal.

"E, á parte, o Exército do Aire colaborou desprazando os vehículos de maior tonelaxe para levalos a Gran Canaria e Tenerife".

En cada unha das 4 cidades que visitará León XIV o dispositivo de seguridade activarase no seu máximo nivel, 24 horas antes da chegada do pontífice.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar