Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incremento dos contaxios por covid obriga a Europa a impoñer medidas severas

O incremento dos contaxios por covid obriga a Europa a impoñer medidas severas

Na Alemaña, os non vacinados non entrarán en bares e restaurantes

Austria estuda confinar só unha parte da poboación

G24.gal 13/11/2021 13:39

Europa está a impoñer restricións duras ante o aumento exponencial dos contaxios por covid.  A chegada do outono e as baixas temperaturas acabaron coa sensación ilusoria de que xa se venceu o virus.

Nalgúns países o incremento sitúase en cifras récord desde o comezo da pandemia, coa diferencia de que agora se pode diferenciar entre "vacinados" e "non vacinados".

Na Alemaña a nova vaga de covid rexistra o seu novo máximo de incidencia acumulada con 277 casos en sete días por cada 100.000 habitantes. Hai unha semana eran 183 e un mes antes 65,4 casos semanais. O xoves foron 50.000 contaxios nun día. En varios estados xa só se pode acceder ao interior de bares e restaurantes coa pauta completa da vacina ou ter superado o virus.

Países Baixos coa cifra máis alta de contaxios da pandemia con 16.364 casos e coa incidencia alta recuperou a distancia de seguridade entre persoas, o límite de visitas e o teletraballo. Ordenouse tamén adiantar o peche das tendas non esenciais ás 18:00 horas e a hostalaría, farmacias e supermercados ás 20:00 horas. Bélxica decidiu poñer a terceira dose a toda a poboación maior de 12 anos.

 Austria coa expansión máis rápida do virus desde marzo de 2020, bate marcas e rexistra novo máxico de infeccións diarias con máis de 13.000 positivos en 24 horas e 48 mortes. A incidencia sitúase  en 814,6 casos por cen mil habitantes en sete días.

O goberno analiza autorizar o confinamento das persoas non vacinadas ou curadas da covid, que só poderían saír da casa para traballar, mercar ou dar un paseo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade