Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda defende o seu cambio de Goberno fronte á oposición, que o acusa de "inutilidade"

Rueda defende o seu cambio de Goberno fronte á oposición, que o acusa de "inutilidade"

Álvarez suxire un adianto electoral a Rueda, que o acusa de querer evitar as primarias no PSdeG

Ponton dille que é un presidente sen peso político e o presidente replica que xa lle gustaría que lle modificasen un goberno a voceira do BNG

A remodelacion do Goberno galego, presente nunha sesión de control sobre as defensa dos intereses galegos e os investimentos en Galicia de Pedro Sánchez 

G24.gal 14/06/2023 08:36 Última actualización 14/06/2023 10:41

Na sesión de control ao Goberno no pleno, tras a remodelación da Xunta, Rueda dedicou a maior parte a súa intervención a criticar o Goberno de Pedro Sánchez, máis que pronunciarse claramente sobre a remodelación do Executivo autonómico, tras a marcha de dúas dos seus conselleiros para ir nas listas para as eleccións do 23X.

O portavoz parlamentario do PSdeG, Luís Álvarez, interpelou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, sobre se "sería mellor" para os galegos que adiantase as eleccións autonómicas despois dos cambios no seu goberno derivados da presenza de conselleiros nas listas electorais do PP para as eleccións xerais.  

"Se non quere primarias no seu partido, hai formas máis sutís de dicilo", replicoulle o máximo mandatario autonómico na súa réplica durante a sesión de control da cámara galega.  

Manuel Álvarez Martínez, voceiro do PSdeG, dixo que a Xunta se limita a facer campaña e criticar o Goberno do estado, o que oculta unha deficitaria xestión. 

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirma que fixeron das eleccións municipais un pebliscito sobre Pedro Sánchez, que perdeu. Afirmou que as medidas do Goberno en Galicia son inexistentes, a pesar do triunfalismo socialista.

 

Na sesión, o dirixente socialista reprochoulle a Rueda que o seu nivel de compromiso con Galicia sexa "poñer o seu Goberno á disposición" dos intereses do PP. "E os que eran pezas clave ata hai dous días, agora son facilmente sustituibles", dixo.  

Álvarez defendeu o incremento do orzamento que destina a Galicia o Goberno de Sánchez. Dixo que o PP pon a Xunta á disposición de Feijóo en Madrid, do que dixo que só presentou 5 iniciativas dende que é senador, e ningunha para Galicia..

En fronte, Rueda recomendoulle a Luís Álvarez "tomar exemplo do señor Besteiro" e "saír como un lóstrego". "Por moi rápido que fose eu na remodelación do Goberno, nunca serei tan rápido como Besteiro en dicir que aquí non hai nada que facer e que hai que saír canto antes", afirmou. 

A voceira do BNG dixo que Rueda non manda nin no seu partido nin no seu Goberno, porque lle cambian os conselleiros dende Madrid. Cualificou de inutilidade política a acción da Xunta.

Rueda reprochoulle á líder da oposición, Ana Pontón, que lle queira "dar leccións" de como facer gobernos, cando xa "lle gustaría que lle quitasen algún". Rueda dixo que para o BNG os resultados da municipais son un aviso por apoiar o "sanchismo". O presidente da Xunta cualificou de soberbios dende a derrota aos nacionalistas. 

Pontón asegurou que é a primeira persoa que se alegra que lle cesen os conselleiros dende Madrid, e que o BNG cun deputado en Madrid conseguiu máis que o PP con dez deputados e un presidente galego.

Rueda dixo que o BNG non conseguiran nada a cambio do apoio a Pedro Sánchez. Afirmou que fora o único partido nacionalista que fracasara nas súas negociacións en Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos