Publicador de contidos
Publicador de contidos

O hispanocubano asentado en Galicia, Enmanuel Reyes, logra o seu pase para París 2024

O hispanocubano asentado en Galicia, Enmanuel Reyes, logra o seu pase para París 2024

Gañou por unanimidade ao serbio de orixe rusa Sadam Magomedov na categoría de máis de 92 quilos

G24.gal 11/03/2024 14:58 Última actualización 11/03/2024 15:02

O hispanocubano asentado en Galicia, Enmanuel Reyes, logrou a praza a Xogos Olímpicos de París despois de gañar por unanimidade ao serbio de orixe rusa Sadam Magomedov na categoría de máis de 92 quilos en Busto Arsizio (Italia)

Despois de gañar en oitavos ao xordano Odai Alhindawi, o boxeador de 31 anos volverá estar presente nuns Xogos Olímpicos despois de lograr un meritorio quinto posto en Tokyo 2020.

Nos Xogos Europeos de Cracovia 2023 conseguiu unha medalla de bronce na categoría de 92 quilos, pero non puido clasificarse de forma directa para os Xogos de París, unhas prazas reservadas entón para os dous finalistas.

Xunto con Enmanuel, os dous outros españois que lle acompañarán a París son a pioneira no boxeo feminino Laura Fortes e o subcampión da categoría de 57 quilos nos Xogos Europeos de Cracovia, José Quiles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade