Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Guardés elimina a Beti Onak (23-27) e métese nas semifinais da Copa

O Guardés elimina a Beti Onak (23-27) e métese nas semifinais da Copa

As galegas cítanse co Rocasa Gran Canaria na penúltima rolda da competición

Foto: @AtleticoGuardes Foto: @AtleticoGuardes
G24.gal 08/05/2026 20:18

O Mecalia Atlético Guardés resarciuse da eliminación ligueira. Fíxoo en Donostia, onde se disputa a fase final da Copa da Raíña de balonmán.

As de Ana Seabra, que están clasificadas tamén para a gran final da European Cup, metéronse nas semifinais da competición. Foi cun triunfo sobre o Beti Onak nos cuartos, nun partido en que brillou a porteira Balzinc e destacou tamén na anotación Ania Ramos, con seis tantos.

As guardesas buscarán contra o Rocasa Gran Canaria o pase á gran final, nunha semifinal que se disputa este sábado ás 16:15h
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade