O gol galego estivo de moda en 2021
Só Gerard Moreno deu superado a Santi Mina, Borja Iglesias e Joselu
Cando está a piques de rematar 2021, collemos os números das cinco grandes ligas no ano natural. E podemos presumir de que, entre os catro máximos goleadores españois, tres son galegos. Só Gerard Moreno, con 30, deu superado a Santi Mina, Borja Iglesias e Joselu.
Santi Mina. Xogador clave na traxectoria do Celta de Coudet. 20 goles. Vigués. O seu soño: erguer un título co Celta.
Borja Iglesias. 19 chícharos. De Santiago. Eclipsado esta campaña pola eclosión de Juan Miguel. Outra estaría anoxado. El dedícalle cancións.
Joselu Mato, 18 tantos. De Silleda. Imperial no xogo aéreo. Récord histórico de goles en Primeira co Alavés.
Joselu, Borja Iglesias e Santi Mina. Galicia Calidade. Factoría da Madroa. Goleadores con caché.