Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno venezolano libera a Rafael Tudares, xenro do opositor Edmundo González

O Goberno venezolano libera a Rafael Tudares, xenro do opositor Edmundo González

Tudares fora detido en xaneiro do ano pasado, tres días antes da toma de que Nicolás Maduro tomara posesión para o seu terceiro mandato presidencial

Mariana González, dona de Rafael Tudares, tras a última visita que realizou á prisión en que estaba o seu home (Reuters/Maxwell Briceno) Mariana González, dona de Rafael Tudares, tras a última visita que realizou á prisión en que estaba o seu home (Reuters/Maxwell Briceno)
G24.gal 22/01/2026 10:40 Última actualización 22/01/2026 10:55

O Goberno venezolano liberou a Rafael Tudares Bracho, xenro do líder opositor Edmundo González, segundo informou este xoves a esposa do propio Tudares no seu perfil de X.

"Cumpro con informar de que, logo de 380 días dunha inxusta detención arbitraria e de padecer, durante máis dun ano, unha inhumana situación de desaparición forzada, o meu esposo Rafael Tudares Bracho regresou a casa esta madrugada", explicou Mariana González de Tudares.

A Tudares detivérono o pasado 7 de xaneiro de 2025 -tres días antes da investidura de Nicolás Maduro para un terceiro mandato consecutivo de seis anos-, cando tamén arrestaron ao defensor de dereitos humanos Carlos Correa e ao excandidato presidencial opositor Enrique Márquez, estes dous últimos liberados.

Desde que os Estados Unidos capturou o presidente de Venezuela para xulgalo por un presunto delito de narcoterrorismo e a presidencia do país foi ocupada pola segunda no Goberno, Delcy Rodríguez, o réxime venezolano foi liberando paulatinamente a parte dos centenares de presos políticos que mantén nos cárceres do país.

"Foi unha loita estoica e moi dura por máis de 1 ano, na que finalmente logramos a excarceración de Rafael, e aspiramos, máis cedo que tarde, a súa liberdade plena, á que ten dereito", engade a súa esposa.

Tamén agradeceu "moi especialmente a todas e cada unha das persoas que me apoiaron humanamente, na loita pola súa liberdade" e ao "Equipo da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, con sede en Panamá, que sempre fixeron seguimento e incidencia neste caso, no ámbito das súas competencias humanitarias".

Lembrou igualmente "todos os familiares das vítimas de desaparicións forzadas, detencións arbitrarias e presos inxustamente, que aínda esperan a liberdade dos seus seres queridos. Toda a miña solidariedade e apoio".

Tudares é xenro de Edmundo González, actualmente exiliado en España e quen en 2024 foi escollido como o candidato unitario da oposición (Plataforma Unitaria Democrática) á presidencia de Venezuela.

González foi recoñecido por gran parte da comunidade internacional como o gañador das eleccións presidenciais de xullo de 2024, algo que foi rexeitado por Maduro, quen se proclamou vencedor deses comicios. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade