Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno sueco anuncia que pedirá o ingreso formal na OTAN

O Goberno sueco anuncia que pedirá o ingreso formal na OTAN

Suecia recibirá apoio militar de todos os países da UE e da OTAN no tempo que dure o proceso de ratificación

Barállase entrar na OTAN ao mesmo tempo que Finlandia

G24.gal 16/05/2022 17:04

A primeira ministra sueca, Magdalena Andersson, anunciou este luns tras unha reunión extraordinaria do seu Goberno e un debate parlamentario que Suecia pedirá formalmente o ingreso na OTAN, rompendo unha política de dous séculos de non aliñación.

"O Goberno sueco decidiu que Suecia debe ingresar na OTAN", dixo na conferencia de prensa. Esta decisión conta co respaldo das principais forzas políticas suecas e foi xustificada polo empeoramento da seguridade despois do estalido da guerra en Ucraína.

A decisión era esperada despois de que Andersson comunicara este domingo o apoio do seu partido ao ingreso, en contra da súa liña política. A decisión tómase medio ano despois de aprobar nun congreso xeral manter o seu status de aliado pero non membro da alianza.

"O mellor para a seguridade de Suecia e dos suecos é entrar na OTAN e facelo xunto con Finlandia", asegurou a primeira ministra.

O embaixador de Suecia en Bruxelas presentará a solicitude de ingreso ante a sede da OTAN na capital belga "dentro de pouco", ao mesmo tempo que Finlandia. A primeira ministra belga resaltou que o ingreso na OTAN tería un efecto disuasorio no norte de Europa, melloraría a seguridade e reduciría os riscos, ademais de apuntar a que non hai outra opción realista.

"Por desgraza non temos ningún motivo para crer que Rusia vaia cambiar nun futuro previsible", explicou Andersson.

O Goberno sueco tamén adoptou unha proposición que posibilitará que Suecia reciba o apoio militar de todos os países da UE e da OTAN no tempo que dure o proceso de ratificación. "Suecia vai atoparse nunha situación de vulnerabilidade durante o tempo que se tramite a nosa solicitude", dixo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade