Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno resta importancia ao interese dos eurodeputados na reforma do delito de malversación

O Goberno resta importancia ao interese dos eurodeputados na reforma do delito de malversación

A delegación europea elaborará un informe non vinculante sobre a xestión dos cartos en España

G24.gal 21/02/2023 15:00

Segundo día de reunións para a comisión de dez eurodeputados que fiscaliza en España a xestión dos fondos europeos. O Gobeno insiste. A execución dos proxectos avanza a bo ritmo e os cartos están chegando ao tecido económico.

"Permiten poñer en valor os caros que a economía está recibindo e que está permitindo elevar as propias previsións de crecemento da Unión Europea".

O Goberno resta importancia ao interese mostrado pola xefa de delegación europea, Mónica Hohlmeier, pola reforma do delito de malversación en relación aos fondos europeos.

"As reformas que este país puxo en marcha permiten acomodar mellor o volume das penas que se piden á gravidade dos feitos que se cometen. Creo que a delegación é coñecedora desta situación máis alá de que cada un poida ter o seu comportamento político".

España recibiu xa tres partidas de fondos europeos por valor duns 37.000 millóns de euros. O próximo paquete de 6.000 millóns está ligado á reforma do sistema de pensións. O ministro de Seguridade Social reunirase esta tarde coa comisión de eurodeputados.

"España vai por diante de calquera outro país na execución do plan de recuperación e tamén en presentar reformas de calado como é a do sistema de pensións".

Os integrantes da comisión de control presupostario da Unión Europea terán que elaborar un informe coas conclusións destes encontros que non será vinculante para a obtención de novos fondos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade