Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno propón sancións penais para os vogais que se neguen a renovar o TC

O Goberno propón sancións penais para os vogais que se neguen a renovar o TC

PSOE e Unidas Podemos buscan desbloquear a renovación do Constitucional rebaixando á maioría simple o requisito para a eleccións dos maxistrados do Poder Xudicial

Será a través de dúas emendas á reforma do Código Penal

Feijóo anuncia que o PP recorrerá ante o Constitucional "o ataque ás institucións"

G24.gal 09/12/2022 09:34 Última actualización 09/12/2022 10:49

O grupo socialista e Unidas Podemos aproveitaron a reforma do Código Penal para introducir emendas que permitan sortear o bloqueo que un grupo de vogais do Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) está a facer para impedir a renovación do Tribunal Constitucional.

Trátase dunha reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que mesmo introduce a posibilidade de castigar con responsabilidades penais aqueles vogais que incumpran a lei, como está a ocorrer nestes momentos.

Porque o texto anunciado polo portavoz parlamentario socialista Patxi López establece un mandato imperativo e un calendario para a renovación dos dous maxistrados do TC que competen ao Consello Xeral do Poder Xudicial.

O propósito é substituír o modelo actual, que implica un acordo de tres quintos dos vogais do CXPX, por un sistema de votación individual no que resulten elixidos os candidatos con máis apoios.

Tamén se introducen prazos concretos para evitar o bloqueo: o presidente do CXPX deberá convocar o proceso en cinco días desde a entrada en vigor da lei, cada vogal propoñerá como máximo un candidato, convocarase un pleno en tres días para a votación e serán elixidos os dous máis votados. En caso de empate, terá voto de calidade o presidente.

Suprímese ademais a potestade do CXPX de verificar previamente a idoneidade dos maxistrados que nomea o Goberno, porque, segundo o PSOE, "non ten ningún sentido" permitirlles bloquear os nomeamentos que competen ao Executivo.

López expuxo esta reforma como resposta á actitude "antisistema", "antidemocrática" e "inaceptable" do PP na súa negativa para renovar un Consello Xeral do Poder Xudicial que leva catro anos en funcións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade