Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno prioriza regularizar os migrantes con nenos

O Goberno prioriza regularizar os migrantes con nenos

A proposta de regularización afectaría tamén os solicitantes de asilo, que poderían recibir o permiso de residencia ou traballo no país

Europa Press Canarias Europa Press Canarias
G24.gal 10/06/2025 12:31

O Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións propón que os inmigrantes que estivesen residindo en España antes do 31 de marzo de 2025, familias con fillos escolarizados ou solicitantes de asilo poidan acollerse á regulación extraordinaria que se tramita no Congreso.

Esta proposta, adiantada polo diario El País, explica que, se os solicitantes cumpren unha serie de requisitos xerais e específicos, poderán acceder á regularización. A principal novidade é a inclusión dos migrantes con rapaces para esta solicitude.

Á falta de chegar a un acordo cos grupos parlamentarios, os requisitos xerais serían: atoparse en España antes do 31 de marzo de 2025, residir dende un ano antes a presentar a solicitude, non contar con antecedentes penais nin ter orde de non retorno e non ser unha ameaza para a orde pública. Estes son de cumprimento total, é dicir, todos deben cumprirse

En cambio, os requisitos específicos serían: ter traballado, ter un precontrato ou unha oferta laboral; residir en familia con fillos menores escolarizados ou maiores de idade pero con algunha dependencia; ter solicitado asilo antes do 31 de marzo de 2025 e, por último, encontrarse en situación "de especial vulnerabilidade".

Destes catro requisitos o solicitante só tería necesidade de cumprir un dos catro específicos presentados.

A secretaria do Estado de Migracións, Pilar Cancela, convocou varios grupos parlamentarios para trasladar este documento, logo de que, tres semanas atrás, o PSOE impulsara a tramitación da Iniciativa Lexislativa Popular, que busca regularizar a meirande parte das persoas migrantes sen papeis. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade