O Goberno prepara un imposto para as grandes fortunas a partir do ano que vén e con carácter temporal
O Goberno prepara un imposto para as grandes fortunas a partir do ano que vén e con carácter temporal
Responde así á ofensiva fiscal do PP, que aposta por baixar impostos
Murcia rebaixa un 4,% o IRPF para 330.000 cidadáns
Rueda nega presións de Feijóo ou doutros líderes do PP en materia fiscal
A comunidade de Murcia redobra a aposta fiscal do PP e rebaixa un (4,1 %) o IRPF para as rendas inferiores aos 60.000 euros. Esa medida, segundo os seus cálculos, beneficiará uns 330.000 cidadáns, que pagarán menos na súa próxima declaración da renda.
E avanza que é só o principio. Seguindo o exemplo de Madrid ou Andalucía, o Goberno murciano estuda tamén eliminar o imposto de patrimonio.
"Isto é o que deberían facer outras administracións, aproveitar eses ingresos extraordinarios que están tendo, como os 22.000 millóns de euros do Goberno central, para que repercutan nos cidadáns", di Fernando López Miras, o presidente de Murcia.
O Goberno insiste en que renunciar aos ingresos de impostos como o de patrimonio é unha irresponsabilidade e replica a ofensiva fiscal do PP anunciando un gravame ás grandes fortunas. Din que o están estudando coa intención de aplicalo a partir de xaneiro do ano que vén, e con carácter temporal.
"Estamos pedíndolles un maior esforzo aos que máis teñen e protexendo os servizos públicos e as rendas da clase media, que sempre financia cos seus impostos o Estado do benestar", argumenta María Jesús Montero, ministra de Facenda.
O imposto ás grandes fortunas é unha proposta recorrente de Unidas Podemos, que insta o PSOE a que o aplique non só durante a crise senón de maneira indefinida.