Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda nega presións de Feijóo ou doutros líderes do PP en materia fiscal

Rueda nega presións de Feijóo ou doutros líderes do PP en materia fiscal

O presidente da Xunta asegura que Galicia ten a súa propia senda e amosa a súa intención de "seguir favorecendo as rendas máis baixas"

Rueda di que é partidario de baixar impostos, pero recorda que son o que sosteñen os servizos públicos

G24.gal 22/09/2022 15:15

Alfonso Rueda di que é partidario de baixar impostos que beneficien os cidadáns e explicou que o martes avanzará as liñas fiscais para o próximo ano cando presente no os presupostos no Parlamento.

O presidente da Xunta, en medio do debate sobre impostos, aclarou que Galicia ten os seus tempos e marca o seu propio camiño e negou presións en materia fiscal de Feijóo ou doutros presidentes do Partido Popular.  

"Nós temos que ver, dentro da capacidade fiscal que teñen as comunidades autónomas, que é o máis conveniente facer para os cidadáns que vivimos en Galicia e non en ningún outro sitio", afirmaba Alfonso Rueda.

"Nós temos a nosa propia senda marcada. Cremos que xa dimos mostras diso, que nos preocupaba seguir axudando ás familias", das que destacou o presidente da Xunta que acordaron que as que teñen dous fillos fiscalmente se consideran familias numerosas.

"Volvemos baixar os impostos ás rendas máis baixas, e iso súmase a todas as rebaixas fiscais que fixo Galicia nos últimos anos", afirmaba Rueda que cifra en 6.200 millóns de euros o aforro en impostos acordado pola Xunta desde 2009. 

"Os impostos son os que soportan os servizos públicos"

"Aquí apostamos e sabemos o que hai que facer para rebaixar impostos, pero coa premisa fundamental que é que os impostos son os que soportan os servizos públicos", concluíu. 

"A mensaxe fundamental é que non sentimos influídos polo que faga ninguén, senón polo que convén aos galegos", afirmou Rueda, que destacou a necesidade de "compasar" as rebaixas fiscais coa prestación de servizos públicos de "calidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade