O Goberno navarro adxudicou a construción de 46 vivendas á empresa que a UCO relaciona con Cerdán
O Goberno navarro vaise presentar como acusación particular ante o Supremo por este presunto caso de corrupción
A oferta da empresa que a Garda Civil relaciona con Cerdán era a máis barata, pero no apartado técnico a súa avaliación foi moi inferior á da outra empresa
O Goberno navarro vaise presentar como acusación particular ante o Supremo por este presunto caso de corrupción. Nas últimas horas transcenderon máis concesións de obras por parte do Goberno de María Chivite á empresa de Cerdán.
Servinabar obtivo unha concesión para construír 46 vivendas de protección oficial. A oferta da empresa que a Garda Civil relaciona con Cerdán era a máis barata, pero no apartado técnico a súa avaliación foi moi inferior á da outra empresa. Con todo, o Goberno navarro adxudicoulle a obra Servinabar, cun valor de case oito millóns de euros.
Esta empresa tamén aparece como refuxio para Vicente Fernández. Foi presidente da Sepi, nomeado por María Jesús Montero, ata que o imputaron polo caso Aználcollar. Acabou traballando en Servinabar.
En Servinabar tamén traballou a parella do numero dous do partido socialista navarro, Ramón Alzorriz, que presentou a dimisión o pasado mércores. Esta mañá tamén deixaba o seu posto no Concello de Zaragoza o voceiro adxunto do PSOE. Alfonso Gómez Gámez aparece nos audios da UCO. Relaciónano coa trama navarra durante a súa etapa no Goberno de Aragón como director xeral de Enerxía e Minas.