Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno licita a U de Olmedo que evitará o paso por Madrid dos AVE a Cataluña ou Euskadi

O Goberno licita a U de Olmedo que evitará o paso por Madrid dos AVE a Cataluña ou Euskadi

A ligazón de 8,2 quilómetros conectará as liñas Galicia-Madrid e Valladolid-Madrid e dese xeito poderase ir desde Galicia ata a capital de Castela e León, desde onde seguir cara a outros destinos do norte e nordeste español sen pasar por Madrid

O delegado do Goberno descarta compensar a Galicia polos atraso dos Avril

G24.gal 05/03/2024 16:06 Última actualización 05/03/2024 16:23

O Consello de Ministros autorizou este martes o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a licitar, a través de Adif AV, a construción da plataforma ferroviaria do bypass de Olmedo por 38,4 millóns de euros (IVE non incluído), na provincia de Valladolid.

Esta nova infraestrutura, coñecida como a U de Olmedo, consiste nunha ligazón de 8,2 quilómetros entre as liñas de alta velocidade Galicia-Madrid e Valladolid-Madrid, que fará posible as viaxes transversais en alta velocidade pola metade norte do Estado, sen necesidade de pasar por Madrid.

En concreto, conectará directamente Galicia con Valladolid e, desde esta cidade, con outras capitais de Castela e León, Asturias, Cantabria, Euskadi ou Barcelona.

Así, coa aprobación deste martes dáse luz verde a construír o trazado de terreo e estruturas desta nova conexión, sobre o que, posteriormente, tenderanse as vías e os equipos de electrificación, sinalización e comunicacións.

Esta conexión realizarase mediante un trazado recto con extremos en curva para a súa conexión con cada unha das dúas liñas, asemellándose a unha U.

Nunha primeira fase, o bypass contará con vía única, aínda que quedará preparado para, nun futuro, tender a segunda vía.

A U de Olmedo representa un "novo fito" na aposta por impulsar o desenvolvemento en malla da rede de alta velocidade que, con máis de 4.000 quilómetros de lonxitude, é a maior de Europa, segundo detallou o Ministerio de Transportes nun comunicado.

Así, esta conexión súmase ás infraestruturas que o Ministerio ten en servizo ou en construción para completar a transversalidade da alta velocidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar