Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno investirá 7.000 millóns ata 2026 en mellorar a distribución eléctrica

O Goberno investirá 7.000 millóns ata 2026 en mellorar a distribución eléctrica

O Consello de Ministros aprobou un plan que lle dará máis peso ás enerxías renovables

O obxectivo é reducir a dependencia do gas e baixar a factura eléctrica

G24.gal 22/03/2022 21:59

O Consello de Ministros aprobou hoxe un plan que lle dará máis peso ás enerxías renovables, coa idea de reducir a dependencia do gas e baixar a factura eléctrica. 

O Goberno investirá 7.000 millóns de euros nos próximos catro anos para mellorar a distribución de electricidade.

A vicepresidenta terceira e ministra para Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, anunciou a aprobación do Plan de desenvolvemento da rede de transporte de enerxía eléctrica, que contará cun investimento de 7.000 millóns de euros hasta 2026.

Na conferencia posterior ao Consello de Ministros, Ribera subliñou que este plan marca a folla de ruta dos investimentos de Rede Eléctrica de España para os vindeiros anos e que o obxectivo é mellorar 8.000 quilómetros de redes eléctricas, e instalar 2.700 quilómetros de novas liñas e 700 quilómetros de conexións submarinas.

"Un investimento de case 7.000 millóns de euros repartidos por todo o territorio. Con especial énfase nos dous arquipélagos, que están comprometidos con ser illas 100 % renovables, nun horizonte temporal afastado, pero que requiren infraestruturas fundamentais para poder xestionar este compromiso", asegurou a ministra. 

Grazas a esta planificación, o peso das enerxías renovables en España pasará do 46 % actual ata preto do 67 % en 2026, "reducindo a xeración con centrais de gas (ciclo combinado), que están sometidas á volatilidade das cotizacións internacionais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar