Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno exhumará os restos de Queipo de Llano e Primo de Rivera

O Goberno exhumará os restos de Queipo de Llano e Primo de Rivera

Bolaños avanza que a nova lei, aprobada este mércores no Senado, establece que estas persoas non poden estar "nun lugar preeminente"

Exhumación de Francisco Franco (Arquivo) Exhumación de Francisco Franco (Arquivo)
G24.gal 06/10/2022 10:54

O ministro da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática Félix Bolaños avanzou este xoves que coa nova Lei de Memoria Histórica se tomarán as decisións pertinentes para facer cumprir a norma, entre elas, o referente á exhumación dos restos do xeneral Gonzalo Queipo de Llano e de José Antonio Primo de Rivera.

Así o asegurou nunha entrevista na Cadena Ser recollida por EFE ao ser preguntado polas declaracións das asociacións de memoria histórica en que aseguran que coa nova lei xa non hai escusas para non exhumalos.

Na actualidade, Queipo de Llano está enterrado na Basílica da Macarena, en Sevilla, e José Antonio Primo de Rivera no altar maior do Val dos Caídos, rebautizado como Val de Cuelgamuros, na Comunidade de Madrid, tal e como lembrou o ministro.

Bolaños dixo que a nova lei establece que estas persoas non poden estar "nun lugar preeminente" e que, por tanto, cando entre en vigor esta norma, que se aprobou este mércores no Senado, "tomaranse decisións".

"Obviamente, daráselles unha sepultura digna onde os familiares decidan, pero non poden estar en ningún lugar preeminente porque é unha maneira de homenaxear os protagonistas da ditadura", apuntou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade