Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno descarta unha ABAU común para toda España, como pide o PP

O Goberno descarta unha ABAU común para toda España, como pide o PP

Os populares din que a farán nas comunidades en que gobernan

EFE/ J.P.Gandul
G24.gal 07/05/2024 19:59 Última actualización 07/05/2024 20:27

A ministra de Educación pecha a porta a facer unha ABAU, a proba de acceso á universidade, común para toda España, tal e como pide o Partido Popular. 

Rosa María Romero, senadora do PP, di: "O que fai falta é unha proba común para toda España. E como non o fan, o Partido Popular vaino facer en todas as comunidades en que goberna, unha ABAU en favor da igualdade". 

Pilar Alegría, ministra de Educación, Formación Profesional e Deportes, responde: "Defenden un modelo único para toda España e saben perfectamente que é imposible. O Goberno o que vai facer é aprobar un novo real decreto que recolle uns criterios comúns para todo o territorio que ata agora non existían". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade