Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno dá tres meses a Aragón, Asturias, Baleares e Madrid para crear o rexistro de obxectores ao aborto

O Goberno dá tres meses a Aragón, Asturias, Baleares e Madrid para crear o rexistro de obxectores ao aborto

O presidente Sánchez remitiu unha carta aos presidentes destes catro territorios esixíndolles que garantan o dereito ao aborto das mulleres na sanidade pública

Concentración para esixir o dereito ao aborto libre na sanidade pública celebrada o 28 de setembro do 2025 fronte ao Ministerio de Sanidade, en Madrid (Matias Chiofalo / Europa Press) Concentración para esixir o dereito ao aborto libre na sanidade pública celebrada o 28 de setembro do 2025 fronte ao Ministerio de Sanidade, en Madrid (Matias Chiofalo / Europa Press)
G24.gal 06/10/2025 09:11

O presidente do Goberno Pedro Sánchez remitiu este luns unha carta aos presidentes autonómicos de Asturias, Aragón, Madrid e Baleares para lles esixir que garantan o dereito ao aborto das mulleres na sanidade pública e que, para iso, poñan en marcha o rexistro de obxectores de conciencia, como marca a lei.

"Diríxome a ti coa intención de axudar a superar os obstáculos que, por desgraza, seguen atopando moitas mulleres do noso país que deciden exercer o seu dereito á interrupción voluntaria do embarazo", comeza o escrito remitido por Sánchez.

O presidente do Goberno pide concretamente neste requirimento formal aos presidentes autonómicos que adopten, coa maior celeridade posible, as medidas necesarias para crear e regular o rexistro de persoas obxectoras, conforme ao mandato establecido na Lei Orgánica de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo.

No caso de que, transcorridos tres meses desde a recepción deste requirimento, non o fixese, activaranse os mecanismos legais oportunos para esixir o seu cumprimento, advirte o presidente na misiva.

Con este requirimento, o Goberno dá un paso máis para garantir que todas as mulleres, vivan onde vivan, poidan exercer o seu dereito á interrupción voluntaria do embarazo e asegurar que este dereito se exerza na sanidade pública e con todas as garantías de seguridade, autonomía e liberdade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade