Publicador de contidos

Publicador de contidos

Chegan a Madrid 21 dos 49 españois da frota detidos en Israel

Chegan a Madrid 21 dos 49 españois da frota detidos en Israel

Entre os que xa aterraron en España están o concelleiro de ERC no concello de Barcelona Jordi Coronas e a exalcaldesa Ada Colau

O ministro Albares agarda que os 28 activistas españois restantes regresen nos próximos días

G24.gal 05/10/2025 20:18 Última actualización 05/10/2025 21:54

Pouco antes das oito e media deste domingo 21 dos 49 españois que viaxaban na Global Sumud Frota con axuda humanitaria para Gaza aterraban en Madrid. A canda eles chegaron oito compañeiros, neerlandeses e portugueses que voan xa cara aos seus países. Na saída agardábanos familiares, amigos e ducias de persoas que quixeron amosarlles o seu apoio a eles e ao pobo palestino.

Entre os activistas que aterraron en Barajas están a exalcaldesa de Barcelona Ada Colau e o concelleiro de ERC, Jordi Coronas que colleron outro voo cara a Barcelona. Tamén viña o deputado de Compromís nas cortes valencianas, Juan Bordera.

Asistencia médica

O Ministerio de Sanidade ofreceulles asistencia médica para avaliar posibles danos "que puidesen sufrir" en Israel. Á súa chegada, en Barajas agardábaos persoal médico para realizarlles unha primeira avaliación voluntaria. A Ministra de Sanidade, Mónica García, tamén acudiu ao aeroporto para recibilos. 

O Ministerio de Asuntos Exteriores tamén confirmou que negocio e facilitou o traslado dos españois, e pagou os billetes no voo deste domingo co obxectivo de axilizarlles a saída de Israel. 

 

Quedan 28 persoas que se negaron a asinar "unha deportación voluntaria"

O ministro explicou en redes sociais que o Goberno segue ofrecendo protección diplomática e consular ao resto dos españois que permanecen en Israel "para garantir os seus dereitos ata que recobren a liberdade".

 

Vuelan ya hacia España 21 españoles y españolas de la flotilla.

Seguimos ofreciendo protección diplomática y consular al resto para garantizar sus derechos hasta que recobren la libertad.

Los teléfonos +34 91 000 1249 y +972(0)505772641 siguen operativos para sus familias.

— José Manuel Albares (@jmalbares) October 5, 2025

 

O eurodeputado dos Comuns e avogado da frota, Jaume Asens, explicou que as persoas que regresaron este domingo a España son aqueles que asinaron "unha deportación voluntaria".

"O resto negouse a asinar, por iso estarán tres días como máximo detidos, á espera da comparecencia ante o xuíz e que ratifique a deportación forzosa", explicou.

"Están ben e o trato foi correcto"

Así mesmo, afirmou que das outras 28 persoas que seguen detidas por Israel hai seis que están en folga de fame, unha delas é a representante de Podemos, Alejandra Martínez.

"Están incomunicados, pero puidemos saber que están todos ben, animados e non hai ningún ferido. Iso é o máis importante para nós", asegurou.

Con todo, non concretou se houbo "algún caso de exceso de forza". "Aínda non o sabemos, pero o que si é que en termos xerais o trato foi correcto", puntualizou.

"Temos que facer un seguimento específico de cada un deles para ver psicoloxicamente como están, porque non coñecemos a situación concreta de detención de cada un deles, sabemos só a foto xeral", agregou Asens.

Israel confirma a deportación dos "provocadores" españois 

Pouco despois do anuncio de Albares, o Ministerio de Exteriores israelí confirmou na súa conta da rede social X a partida do seu avión desde Tel Aviv con destino a España, acompañados doutros oito tripulantes de Portugal e Países Baixos, todos eles descritos como uns "provocadores".

"Outros 29 provocadores da frota Hamás-Sumud foron deportados hoxe desde Israel a España. Como dixemos, Israel desexa que todos os participantes desta provocación sexan deportados canto antes, pero algúns deles optaron deliberadamente por prolongar o proceso legal de deportación, preferindo permanecer en Israel", indicou o Ministerio.

Na súa mensaxe, o Goberno israelí, fronte ás denuncias de malos tratos que recibiu o seu persoal penal, insistiu en que "todos os dereitos legais dos participantes nesta manobra publicitaria están plenamente garantidos" "Non se crean as noticias falsas que están a difundir", engade a mensaxe do Ministerio de Exteriores.

— Israel Foreign Ministry (@IsraelMFA) October 5, 2025

 

A defensa da frota denuncia "graves abusos" contra os retidos en Israel

Pola súa banda o equipo xurídico da Global Sumud Frota (GSF), Adalah, denunciou este domingo "graves abusos" contra os participantes da misión retidos en Israel, despois de que o Ministerio de Exteriores israelí asegurase que "se respectaban plenamente" os dereitos legais dos activistas. A ONG denunciou nun comunicado que os integrantes da GSF foron sometidos a condicións que constitúen "claras violacións" dos seus dereitos en virtude do dereito internacional.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade