Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno comprométese a implantar desde xuño o dereito ao esquecemento oncolóxico

O Goberno comprométese a implantar desde xuño o dereito ao esquecemento oncolóxico

Pedro Sánchez transmitiulles a iniciativa ás asociacións de loita contra o cancro nunha xuntanza en Sevilla

Permitiralles aos que superaron o cancro cinco anos atrás deixar de sufrir condicións moi gravosas en créditos, seguros ou hipotecas

As asociacións contra o cancro celebran que o esquecemento oncolóxico sexa xa un dereito en xuño

Pedro Sánchez coa Asociación de Loita contra o Cancro en Sevilla este sábado
G24.gal 13/05/2023 12:58

O Goberno vai impulsar a modificación dun real decreto lei para impedir a discriminación de antigos pacientes de cancro, que agora sofren condicións máis gravosas nos contratos hipotecarios e de seguros, e así garantir o "dereito ao esquecemento oncolóxico".

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, trasladoulles o seu compromiso de "implantar de inmediato este novo dereito" aos representantes de distintas entidades e asociacións de loita contra o cancro coas que se reuniu este sábado na Delegación do Goberno en Andalucía.

Para iso, o Goberno impulsará a modificación do Real Decreto Lexislativo 1/2007, do 16 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral para a defensa dos consumidores e usuarios e outras leis complementarias, e da Lei do contrato do seguro.

A intención do Goberno é que a partir de xuño sexan declaradas nulas todas as cláusulas baseadas nos antecedentes oncolóxicos "que exclúan ou que discriminen á hora de contratar produtos ou servizos" e prohibir que padecer cancro sirva para "impoñer condicións máis gravosas nos contratos de seguros".

Ademais, o Goberno prevé establecer o dereito a non declarar que se padeceu cancro cando estes antigos pacientes vaian contratar un seguro vinculado a un préstamo hipotecario.

Estes novos dereitos beneficiarán a todas as persoas que finalizaran un tratamento oncolóxico cinco anos antes da data de subscrición do contrato, sen recaída posterior, segundo aclararon fontes da Moncloa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade