Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno, contra a marcha de Ferrovial a Países Baixos: "É unha empresa que lle debe todo a España"

O Goberno, contra a marcha de Ferrovial a Países Baixos: "É unha empresa que lle debe todo a España"

O PP responsabiliza o Executivo da decisión da empresa

G24.gal 01/03/2023 15:07

A compañía de construción e infraestruturas comunicou que traslada a súa sede social aos Países Baixos en busca de mellor financiamento, e como paso previo a cotizar nos Estados Unidos. Isto supón que España pasará a ser filial de Ferrovial, que vale case 20.000 millóns de euros en bolsa.

Nadia Calviño trasladoulle por teléfono a Rafael del Pino o seu rexeitamento a unha decisión que considera errónea e inaceptable. "Ferrovial é o que é porque naceu e débelle todo a este país", asegura a vicepresidenta do Goberno.

Mentres que a titular de Facenda di que "é curioso tamén que presenta este cambio de sede despois de presentar balance de contas sen tan bos resultados". Montero tamén apunta que máis do 80 % do beneficio do grupo procede doutros países, polo que apenas tributa en España. En 2022 a achega ás arcas españolas foi de 282 millóns de euros.

Pero Yolanda Díaz cre a decisión se debe ás mellores condicións fiscais dos Países Baixos, e cuestiona a exemplaridade do grupo. "Diríxome aos accionistas desta empresa, que reconsidere esa decisión, e espero que dende o Ministerio de Economía se adopten as medidas que sexan menester para evitalo. Isto non é ser españois".

O PP di que o traslado da sede responde á falta de seguridade xurídica que causa o Executivo de coalición. "O que debe facer a vicepresidenta é facerse as preguntas: 'fixen eu algo para que quede? Ou fixen algo para que se teña que ir?'", cuestiona Cuca Gamarra.

Ferrovial rexistra fortes subas en bolsa tras anunciar o traslado da súa sede social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar